Todo o traballo previo (como a elaboración dun video-karaoke, o estudo do vocabulario, lectura pronunciacion e dramatización do texto, elección do vestiario, etc.) veuse recompensado coas moitas felicitacións recibidas pola beleza do espectáculo representado polo alumnado de Francés que conta a historia duns nenos e nenas do planeta Terra que cando sexan maiores non se conformarán coas profesións habituais pois pretenden ser pescadores de estrelas, vendedores de area, barrendeiros de penas, reparadores de Paz, criadores de unicornios, sementadores de amizade...
Todo moi poético.
Bravo!!! Félicitations!!!